Sede electrónica Concello de Valdoviño

09:53:44 Venres 22 de novembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude da tarxeta de armas de 4a categoría

Pode solicitar a tarxeta a cidadanía que desexe levar e usar armas de 4ª categoría ao abeiro do disposto no artigo 96.6 e 105 do Regulamento de armas.

Son requerimentos para a tramitación da tarxeta:

  • Estar empadronado no Concello de Valdoviño.
  • Ser maior de 14 anos. O menor que obteña a tarxeta non poderá utilizar a arma se non se atopa acompañado da persoa que ostente a patria potestade ou tutela.
  • Presentar na Policía Local a arma para a que solicita a tarxeta a efectos de proceder á súa verificación (modelo, número de serie, calibre e demáis características).

No caso de resultar acreditada a imposibilidade de presentación da factura da arma admitirase unha declaración xurada na que consten os datos da referida arma.

No suposto de renovación do permiso será suficiente a presentación da tarxeta anteriormente expedida

A persoa que teña a patria potestade deberá recoller a tarxeta da arma persoalmente ca fin de acreditar a autorización presentada.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática poderá descargar o/os impreso/s desde esta páxina ou acudir ao rexistro do Organismo, onde lle facilitarán este/s impreso/s normalizado/s a presentar.

  • Autorización da persoa ou persoas que ostenta a patria potestade ou a tutela.
  • Factura ou albará que acredite a propiedade e característica da arma indicándose expresamente, marca, modelo, tipo, categoría, calibre e número de serie.
  • Declaración xurada cos datos da arma: Para os casos nos que sexa imposible a presentación da factura.
  • Certificado de antecedentes penais do solicitante (se este é menor, o certificado será do titor legal) no caso de non autorizar a consulta do documento por parte da administración.
  • Tarxeta de armas anteriormente expedida para o caso de renovacións.

No caso de representación:

Nome: Solicitude da tarxeta de armas de 4a categoría.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Unidade xestora: Policía Local.

Tipo de interesado: Persoa física.

Efectos do silencio administrativo: Desestimatorio.

Taxas/impostos: Non ten taxas.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                        Presencial.