Sede electrónica Concello de Valdoviño

08:29:12 Venres 22 de novembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Comunicación previa de primeira ocupación de edificacións

Comunicación previa de primeira ocupación de edificacións:

1. O titulo de habilitación urbanística para a primeira ocupación dos edificios é o de comunicación previa. A comunicación previa de primeira ocupación deberá ser presentada e outorgada con carácter previo ó uso ou utilización das edificacións que obtiveron licenza de edificación de nova planta, de rehabilitación, reconstrución e ampliación das edificacións existentes, así como os cambios de uso substancials das edificacións, incluindo os cambios de uso a vivenda de parte dos inmobles.

2. A comunicación previa de primeira ocupación acredita que as novas edificacións, unifamiliares ou colectivas, cumpren os requisitos: a) o edificio ou, no seu case, a urbanización da contorna, realizáronse conforme o proxecto técnico e a licenza concedida; b) reúne as condicións esixidas de segundade, salubridade e ornamento pública; c) quen construe repuxo os elementos e equipamentos urbanísticos que resultaron danados.

3. Segundo o artigo 146.2 da Lei 2/2016 do solo de Galicia, a comunicación previa, transcorrido o prazo de quince días hábiles dende a súa presentación, constitúe titulo habilitante para o inicio da actuación comunicada, sempre que cumpra cos requisitos esixidos pola normativa de aplicación, requisitos que na súa comunicación, manifesta que cumpre baixo a súa responsabilidade, sen prexuízo das posteriores facultades de comprobación, control e inspección por parte deste Concello.

4. A inexactitude, falsidade ou omisión, de carácter esencial, en calquera dato, manifestación ou documento que se achega ou incorpora á comunicación previa comporta, logo de audiencia da persoa interesada, a DECLARACIÓN DE INEFICACIA DA COMUNICACIÓN efectuada e impide o exercicio do dereito ou da actividade afectada desde o momento en que se coñece, sen prexuízo das sancións que proceda impoñer por tales felitas.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Comunicación previa de primeira ocupación de edificacións.
  • No caso de actuar en representación, copia dos documentos de identidade da persoa representante e da persoa interesada coa autorización escrita desa última ou copia de poder para actuar en representación (ver modelo). No caso de presentación online, non é necesario aportar o documento de identidade da persoa que presenta (nin da persoa interesada no caso de utilizar un certificado electrónico de representación).
  • Certificado final de obra orixinal asinado por técnica/o competente e visado polo colexio profesional correspondente.
  • Identificación da licenza ou licenzas municipals de edificación, que se outorgaron para a execución das obras cuxa ocupación se comunica.
  • Declaración do director de obra sobre a conformidade das obras executadas co proxecto autorizado pola licenza de obras correspondente, certificando que se axustou estritamente ao titulo urbanístico habilitante. (art. 355 RLSG).
  • Memoria fotográfica do estado final das obras executadas (fotografias de todas as fachadas) e se é o caso, plano de emprazamento xeorreferenciado.
  • No caso de variacións non substancials na obra executada, deberase presentar unha memoria e planos de situación final da obra visados polo colexio correspondente, nos que queden perfectamente recollidas, descritas e identificadas, as variacións Introducidas, facendo constar a súa compatibilidade co planeamento municipal e a lexislación urbanística e sectorial de aplicación e a valoración final das obras realmente executadas.
  • Liquidación Final de Unidades de Obra Executada asinada por técnica/o competente.
  • Xustificante da alta do inmoble no Catastro ou da alteración catastral segundo corresponda.
  • Documentación xustificativa da posta en funcionamento das instalacións executadas no inmoble de conformidade coa súa normativa reguladora:
    • Certificado ou boletín de auga, gas, electricidade, calefacción, auga quente sanitaria, ventilación, outros servizos comunitarios..., segundo proceda.
    • Boletín de Instalación ICT. Boletín de instalación de infraestruturas Comúns de Telecomunicacións. En edificio de máis de 20 vivendas, ou de uso non residencial, achegar certificado de obra expedido por un/ha enxeñeiro/a con responsabilidade técnica, visado polo correspondente colexio profesional. Estes documentos deben estar selados pola Xefatura de Inspección de Telecomunicacións.
    • Certificado de fin de obra como garantia de que a instalación se axusta ao proxecto técnico da infraestrutura soporte do fogar dixital, se procede.
    • Se o abastecemento e o saneamento se resolven por medios individuais deberá presentar a comunicación de resolución do Organismo de Cunca do expediente de recoñecemento do dereito ao uso privativo e inscrición no Rexistro de Augas do pozo, e/ou a resolución do mesmo Organismo da aprobación da Acta do recoñecemento final favorable das instalacións de depuración.
    • Certificado de potabilidade da auga no caso de existencia de pozo de captación para abastecemento de auga.
  • Certificación de eficiencia enerxética do edificio rematado, debidamente rexistrado conforme ao Decreto 128/2016, do 25. de agosto, polo que se regula a certificación enerxética de edificios na Comunidade Autónoma de Galicia, se procede.
  • Certificación do cumprimento dos requisitos acústicos de conformidade co establecido no Real Decreto 1371/2007, e na aplicación do Decreto 106/2015, sobre contaminación acústica de Galicia, se procede.
  • Certificación emitida polas empresas subministradoras dos servizos públicos, da axeitada execución das acometidas das redes de subministración, se procede.
  • No caso de acometida à rede de subministración de enerxía eléctrica, considerarase documentación xustificativa da súa adecuada execución, a comunicación de CUPS (Código Universal Punto de Subministro), ou dun recibo da empresa comercializadora, ou dunha certificación emitida pola empresa subministradora.
  • Xustificante de pago de taxas segundo a/as ordenanza/s vixente/s.

Nome: Comunicación previa de primeira ocupación de edificacións.

Unidade tramitadora: Urbanismo.

Inicio do procedemento:
A instancia de parte.

Tipo de interesado:
Persoa física ou xurídica.

Taxas/impostos: Consultar ordenanzas fiscais do apartado de normativa.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).

                                      Presencial.