O procedemento de "Comunicación Previa para a Talla e Saca de Madeira" regula a obriga de presentar nas oficinas municipais unha comunicación previa por escrito antes do comezo das actividades. Isto farase sen prexuízo da necesaria obtención, con carácter previo, doutros permisos ou autorizacións que sexan necesarios conforme á normativa vixente.
Os propietarios ou, no seu caso, as empresas madeireiras deberán constituír un depósito de garantía para para cubrir os posibles danos que se produzan nas infraestruturas e no dominio público local.
Persoas físicas e/ou xurídicas que desexen realizar unha Comunicación Previa para a Talla e Saca de Madeira.
Preferentemente de forma telemática a través do botón “Iniciar trámite”. Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.
Nome: Comunicación Previa para a Talla e Saca de Madeira.
Unidade tramitadora: Medio Ambiente.
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.
Carácter silencio administrativo: Silencio positivo.
Taxas/impostos: Consultar a ordenanza reguladora do apartado de normativa.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).
Presencial.