Sede electrónica Concello de Valdoviño

07:16:29 Sábado 28 de febreiro 2026

Información

MEDIO AMBIENTE

11/02/2026

Publicación labores xestión de biomasa nas líñas de UFD distribución electricidad S.A.

EXP: 2026/X999/000017

Por medio de e dando cumprimento ao disposto na Lei 12/2012 de montes de Galicia, e conforme ao indicado na súa disposición final primeira, pola que se modifica a Lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, comunícase que UFD DISTRIBUCIÓN ELECTRICIDADE S.A procederá a executar as operacións de xestión de biomasa neste Concello.

Nas liñas de distribución de enerxía eléctrica deberá xestionarse a biomasa nunha franxa de 5 metros desde a proxección dos condutores eléctricos máis externos, considerando a súa desviación máxima producida polo vento segundo a normativa sectorial vixente. Ademais, na devandita franxa non poderá haber árbores das especies indicadas na disposición transitoria terceira da Lei 3/2007.

Polo anteriormente indicado, anéxanse a este anuncio os planos correspondentes ao trazado das liñas onde se van a realizar os labores de xestión de biomasa.

A este efecto, os propietarios dos terreos, se é do seu interese, poden executalas previamente. Se transcorridos 15 días desde esta publicación o propietario do terreo non efectuou os labores de xestión de biomasa indicadas, UFD DISTRIBUCIÓN ELECTRICIDADE S.A. procederá á súa realización.


Xustificantes de Publicación: