Aprobación definitiva da modificación da orgenanza fiscal reguladora do ICIO
EXP: 2024/G015/000001
O 14 de novembro de 2024 foi aprobada inicialmente en sesión plenaria ordinaria, a modificación da ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre construccións, instalacións e obras (ICIO) do Concello de Valdoviño. O acordo, que introduciu cambios no tipo de gravame do artigo 6.3 e no coeficiente de uso do Anexo1, foi sometido a información pública mediante anuncio no BOP da Coruña nº 227, do 25 de novembro do 2024, así como no taboleiro electrónico do Concello de Valdoviño, polo prazo de 30 días sen se ter presentado reclamacións.Polo tanto elévase automáticamente a definitivo o acordo provisional.
O 9 de abril de 2025 publicase, no BOP da Coruña nº 68, íntegramente o texto da ordenanza a efectos da súa entrada en vigor, de conformidade co disposto no artigo 17 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais. A continuación publicase neste taboleiro o anuncio do BOP.
Contra o acordo de aprobación definitiva, que é firme en vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso- administrativo, no prazo de dous meses a partir do día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia, de conformidade co establecido no artigo 46 da Lei da Xurisdición Contencioso-administrativa.