Sede electrónica Concello de Valdoviño

19:48:56 Martes 22 de setembro 2020
Estás en:

Detalle trámite

Certificado de empadroamento

O procedemento de "solicitude de certificado de empadroamento" regula a concesión, por parte do Concello, do certificado acreditativo dos datos persoais e domicilio, segundo constan no padrón de habitantes do municipio.

O cidadán poderá escoller o tipo de certificado que necesita, segundo a seguinte clasificación:

  • Certificado de Empadroamento Individual
  • Certificado de Empadroamento Colectivo
  • Certificado de Empadroamento Histórico
  • Certificado de Empadroamento Negativo Individual
  • Certificado de Empadroamento Negativo Colectivo

Certificado Individual, o Certificado Histórico e o Certificado Negativo Individual xéranse de forma automática tras a solicitude polo que poden descargarse no momento.

Os certificados colectivos, en cambio, serán tramitados polo Concello como calquera outra solicitude telemática.

Para solicitar o Certificado de Empadroamento dun menor que careza de Documento Nacional de Identidade, deberá utilizar a Solicitude Xeral e explicar esta circunstancia no EXPOSICIÓN/SOLICITUDE.  

Calquera persoa física que desexe obter un certificado de empadroamento.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Solicitude de certificado de empadroamento.
  • Xustificante de pago da taxa segundo a ordenanza vixente.
  • En Certificacións individuais:
    • Instancia de solicitude indicando aos efectos para o que se expide.
    • Fotocopia do DNI.
    • Autorización para a representación.
    • No caso que o certificado se solicite para persoa maior de idade, distinta do interesado, debe aportarse autorización firmada autorizando a representación.
    • No caso de menores de idade autorización do pai o titor legal, acreditando tal condición.
  • En Certificacións de empadroamento colectivo:
    • Instancia de solicitude indicando aos efectos para o que se expide.
    • Fotocopia do DNI de cada membro da unidade familiar.
    • Autorización para a representación.
    • No caso que o certificado se solicite para persoa maior de idade, distinta ao interesado, debe aportarse autorización firmada autorizando a representación.
    • No caso de menores de idade autorización do pai o titor legal, acreditando tal condición.

Nome: Solicitude de certificado de empadroamento.

Unidade tramitadora: Secretaría.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado:
Persoa física.

Órgano de resolución:
Alcaldía.

Carácter silencio administrativo:
Silencio positivo.

Prazo de execución:
3 meses.

Recurso aplicable:
Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/Impostos: Consultar a ordenanza fiscal do apartado de normativa.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.